A agrupación “Inquedanzas” pertenence á Asociación Cultural “Aloia” de Pazos de Reis (Tui,Pontevedra). Esta asociación nace no ano 1990 e promociona actividades culturais e deportivas para todos os socios e veciños. ”Inquedanzas” está composta por uns 70 membros dirixidos por dous mestres ,Luis Abalde traballando os aspectos musicais e Alexandre F. Castro ocupandose da formación do grupo de baile.